Frikiroga 2008

Maio 6th, 2008

Breogán, a pulga que naceu no lombo dun xabarín, voltou á casa, ao pé do Courel!

E que melhor ocasión para facelo que cunha actuación nun Festival para recadar fondos para restaurar a escola de Soldón da Seara?

Foi bonito.

No palco da música do campo da Hermida, o Circo de Pulgas Carruselo, com um paracaídas de cores de fondo e unhas gaitas como música ambiental, volveu ilusionar os ollos das nenas e nenos que aplaudiron as pulgas mais frikis da Galiza.

Chuzame! chuzame -

Que guai no Grove!

Febreiro 20th, 2008

Os nenos e nenas do Grove aplaudiron forte forte as tres pulgas recén chegadas da súa viaxe internacional.

E deron un chimpo das luces e músicas do circo da televisión á luz da biblioteca do cole do Grove que, pertiño da praia da Lanzada, -onde as pulgas de mar agardan ansiosas o verán- acolleu com moito cariño a Mimí, Esmeralda e Breogán.

Saúdos!

Chuzame! chuzame -

Claudio Carruselo en Identity

Febreiro 16th, 2008

Claudio Carruselo foi un dos "personaxes ocultos" no programa concurso español Identity, ao que acudiu coas súas tres pulgas, Mimí, Esmeralda e Breogán.

Aqui podemos observar a elegancia sen par do domador, cun chaleque que chamou a atención de vários millóns de espectadores polo seu brillo cegador. Se nos fixamos ben, ao lado esquerdo do micrófono pódese chegar a ver a pulga Breogán.

Foron case doce horas de gravación no plató. E unha experiencia un tanto extraterrestre -non fai falla máis que mirar a forma de nave espacial do estudo.

Ante a pregunta "Ten circo de pulgas", o concursante non fallou: "É o personaxe número 10". Un domador de pulgas coñécese a primeira vista por dentro e por fóra! E a ollada de Claudio Carruselo -acostumada a tratar con feras salvaxes- é como un libro aberto!

Traballou en dez países? Levantou unha ponte? Aprende a bailar? Fala do revés?Fixo táboas co campión do mundo de xadrez? Vendeu 70.000 copias?

Non: o domador de pulgas é o señor de barba!

Ten pinta a rapaza de vermello de domar pulgas?

Talvez a de vestido negro?

Non, o domador de pulgas é o grande Claudio -que por outro lado viaxou co Circo Carruselo por moitos máis países dos que podemos contar cos dedos das mans e dos pés-

Mas o que Claudio Carruselo descubriu nesta aventura nun concurso de televisión é un segredo que o Galiza Pulgas Circus nunca revelará...

Un saúdo!

Chuzame! chuzame -

De baleas e pulgas

Xaneiro 11th, 2008

null

Um livro de banda desenhada mui recomendável...

... com pulgas que invadem o coraçom da gente e fam muito mais que actuar num circo...

... de Fermin Solís

Delicado, com emoçons grandes como baleas e marabilhas pequenas como pulgas.

Tres urras por Fermín!!!

Hip, hip... urra!
Hip, hip... urra!!
Hip, hip... urra!!!

Aqui, mais!

Chuzame! chuzame -

Entrevista a Candela Carruselo

Xaneiro 7th, 2008

Chámase Candela Carruselo, ten sete anos e vive con tres pulgas en Vigo. Seu pai é o famoso Claudio Carruselo, domador do Galiza Pulgas Circus e ela vai camiño de se converter na domadora de pulgas máis pequena do mundo!

- Candela, como é a vida cun domador de pulgas?

- A comida das pulgas é o sangue, e as nosas pulgas case sempre se alimentan do meu. Papá ponme as pulgas de noite e pícanme.

- Doe?

- Non, non, nin te das conta!

-Cantas pulgas viven con vós?

- Tres: Mimí, Esmeralda e Breogán. Mimí é a miña preferida. É travesa e gústame. Xoga ao fútbol, sube por unha rampa...

- Como é a vida dun domador de pulgas?

- Adestra moito. Adestra moitas horas á semana.

- E como consegue un domador as súas pulgas?

- Papá foi buscalas ao monte. Unha tróuxoa dun xabarín do Courel. Logo adestrounas moito tempo, cinco anos.

- E gustaríache seguir a tradición da familia Carruselo?

- Gustaría. Fáltame crecer. Xa fixen unha proba un día, con Mimí. Díxenlle que subise pola rampa e subiu. Mimí, sube! Teño que aprender a mandarlle as cousas mellor.

- Cando vas estar preparada?

- Cando teña máis tempo. Aínda son pequena. E ademais, cando me poña a falar en galego. Tamén quero aprender inglés, francés, ruso, xaponés, grego e árabe para facer o espectáculo en máis lugares do mundo.

- Que che gustaría aportar ao Galiza Pulgas Circus?

- Eu poríalle unha colchoneta, corda e dar tres saltos e saltar á corda frouxa.

- Onde che gustaría viaxar?

- Gustaríame actuar en Barcelona, en Asturias e en París, na praza maior.

- Soñas coas pulgas?

- Si, soño que xa son domadora.

- E por que che gustaría ser domadora de pulgas?

- Porque quero divertir o público, porque ao público lle gusta o circo de pulgas, e porque vou ser a primeira domadora de pulgas.

- Que ten de especial un circo de pulgas?

- É máis pequeno, máis bonito, e as pulgas son máis impresionantes que os elefantes e máis difíciles de domesticar.

- A quen admiras?

- Admiro a Claudio Carruselo, a Querignac... Gustaríame coñecer a Pippi, vivir cunha tartaruga, ter un gato ao que lle aprendería a transportar pulgas... Gústame tocar o clarinete.

- Queres contar algunha anécdota en especial?

- Mimí un día escapou pola cociña adiante, e papá enfadouse con ela e colleuna tirándose ao chan. Agora vailles facer unha casa. Viven nunha caixiña, nun bolsiño, e nunha caravana pequeniña. Eu voulles facer un sofá cosendo.

Chuzame! chuzame -

O Circo de Pulgas Carruselo, cos ouriços cacho!

Xaneiro 7th, 2008

O Circo de Pulgas Carruselo súmase á campaña de denuncia do animalicidio nas nosas estradas.

No Galiza Pulgas Circus, amantes da natureza e ecoloxistas de raíz, os domadores e as pulgas tamém berramos: Salvemos os ouriços cacho! Save the cacho´s ouriços!

Stop aos atropelos de animaliños nas estradas!

Chuzame! chuzame -

PLANSJET, FEITICEIROS.

Outubro 19th, 2007

plansjet.jpg    A principal intención que teñen as pulgas do Circo Carruselo cando espertan é marabillar a nenos e nenas, pois saben que marabillar a un pequeno é introducilo ao mundo do coñecemento.    

Mieke e Chris Geris, son uns Flamencos de Flandes: feiticeiros capaces de transformar un anaco de madeira nun espectacular monicreque bailarín, que ao ritmo de gaita, zanfoña, frauta ou tamboril sacan aos espectadores da súa realidade.   

A inspiración do dúo está na música, danzas e traxes tradicionais flamencos. «As óperas que facían Haydn e Mozart, como Don Giovanni, se representaban tamén con monicreques», argumenta Chris en defensa das súas marionetas bailarinas, citando tamén a Chopin, que compuxo música para monicreques.   

 Chris e Mieke fabrican as súas marionetas pero, a diferencia das escolas que ensinan a manexar monicreques feitos con materiais sintéticos, eles só utilizan madeira e materiais naturais. A zanfona que toca Mieke e as marionetas de fíos e madeira que Chris manipula, marcando co seu claqueteo o ritmo musical, adáptanse perfectamente.

Chuzame! chuzame -

GALICREQUES 07…

Outubro 9th, 2007

galicreques.jpg             GALICREQUES 2007: O DOMADOR  CONVERTEUSE EN PULGA.

            O adulto que capta dun xeito máis ou menos real o verdadeiro sentido dun monicreque ou dunha marioneta é un privilexiado. A nena, o neno, grazas ao seu espírito de identificación capta ese sentido coa maior naturalidade do mundo. O cativo, a cativa, non ve un boneco, non ve un anaco de madeira, senón que percibe que o monicreque ten unha vida autónoma da titiriteira ou titiriteiro.

    As pulgas do Circo Carruselo son como os espíritos elementais inmortais que só son percibidos pola infancia máis sinxela. Cando un neno sente a Lili, Esmeralda ou Breogán entre o dedo furabolos e o gordo, e ve ás nosas pulgas como algo intelixente, pensamos nelas como monicreques invisibles.

    Esta semana, entre mestres como Pepe Ruiz, Mieke e Chris (Plansjet) ou o ruso Víctor Antonov, entre outros e outras; as Carruselo, os Carruselo, sentímonos pulgas minúsculas. Agradecemos á Asociación Cultural Barriga Verde e aos patrocinadores de Galicreques 2007 que nos proporcionasen ese sentimento.

            Un brinde polos titiriteiros e titiriteiras.

Chuzame! chuzame -

O nosso primeiro Festival Internacional: Galicreques 2007

Outubro 1st, 2007

salva

Pois, si, e queremos convidar-vos a viver com nós um  espectáculo realmente pouco frecuente: um circo de pulgas.

O Circo de Pulgas Carruselo herdou da sua família o segredo da doma das pulgas selvagens e, com muita paciéncia, horas de trabalho e dotes de convicçom, conseguiu domar á pulga Lilith, -a pulga forzuda-, a Esmeralda, -virtuosa do piano- e a Breogán -a pulga bala.

Assi que já sabedes:

GALIZA PULGAS CIRCUS, Um espectáculo para ver com lupa!

Este sábado 6 de outubro ás 12.00, no Centro Sociocultural do Ensanche.

Direcçom: Familia Carruselo.

Domador: Claudio Carruselo.

Guiom: Séchu Sende
 

Chuzame! chuzame -

SALA NASA

Setembro 18th, 2007

    http://web.educastur.princast.es/proyectos/grupotecne/asp1/investigacion/vermensajebbb.asp?idmensaje=1345

O vindeiro sábado día 22 de setembro, as 5:00 PM, na SALA NASA, de Compostela (rúa San Lourenzo, 51-53 B), as nosas tres pulgas do Circo dos e das Carruselo, porán de novo ao límite as súas posibilidades físicas e psíquicas, e non co ánimo de embarcarse nalgunha misión espacial, senon para mostrar as nenas e nenos as súas espectaculares habilidades.

Esmeralda, Breogán e Mimí, celebrarán, cunha morea de artistas, os quince anos de vida da SALA NASA, vital proxecto de participación social que desde o 1992 é unha porta aberta a creación, ao encontro de artistas e espectadores, un modelo alternativo de xestión cultural, liderado por artistas, sen ánimo de lucro, un centro de recursos artísticos independiente, flexible e accesible a artistas novos e consagrados.


SESIÓN DE TARDE PARA TODOS OS PÚBLICOS con: Paula Carballeira, O Circo de Pulgas Carruselo, Berrobambán, Sol Felloza, Manu Lago, Kukas, Santi Prego.

Botalle un ollo ao programa.

Chuzame! chuzame -

Já temos a nossa galeria fotográfica em 3D

Setembro 17th, 2007

frog

Pois si: as pulgas pedirom-nos um Museu fotográfico e o Galiza Pulgas Circus motou-lhes umha galeria no ciberespazo.

Zosca-lhe aqui!
Move-te com as frechas do teclado e boa viagem!

Chuzame! chuzame -

As pulgas no Courel: fotos

Agosto 29th, 2007

courele

as

As pulgas do Circo Carruselo, Mimí, Esmeralda e Breogán, quixeron estar no Courel, na aldea de Froxán, o día da Festa Revolta.

 Aquí están as fotos que tirou a nosa colaboradora infatigábel Rocío da Barqueira, no pendello de Evaristo e Helena, cheíño de nenos e nenas e outras especies.

No nome das pulgas do Courel, Breogán, -a pulga que naceu nun xabarín da aldea de Soldón-,  tamén reclamou protección: Parque Natural xa!

 Viva o Courel livre de Canteiras!
 

Chuzame! chuzame -

O Circo de Pulgas, no Courel!

Xullo 31st, 2007

soscourel

En apoio de SOS Courel, e contra a destrución dun dos espazos naturais mais valiosos do noso país, e polo desenvolvemento sustentábel da Serra do Courel como Parque Natural, o Circo de Pulgas Carruselo acudirá á Festa Revolta que vários colectivos sociais están a organizar para o sábado, 11 de agosto, en Froxán.

Breogán, a pulga bala, que naceu no lombo dun xabarín perto da aldea de Soldón da Seara, volta a casa.

 Agardámosvos entre os castiñeiros!

 Máis información aquí

Chuzame! chuzame -

Método de autohipnose para falar galego

Xullo 4th, 2007

hipnose3

Un texto de Made in Galiza, de Séchu Sende, en exclusiva para o Circo de Pulgas Carruselo!

Chuzame! chuzame -

Na Feira do Libro de Vigo!

Xullo 4th, 2007

 vigo1

Clica aquí: http://www.blogoteca.com/madeingaliza/index.php?cod=18326

Como non, o Circo de Pulgas Carruselo distínguese por apoiar, ademais do espectáculo da doma de animais salvaxes, a arte e a cultura. Entendemos que o Galiza Pulgas Circus é un deses pequenos patrimonios culturais de Galiza para o mundo e por iso onte, e entre outras cousas porque nos tocaba na familia, participamos na presentación dun libro na Feira do Libro de Vigo.

En fin. Foi espectacular.

Sabiamos que a xente que vai a unha feira do libro é xente valente, afoutada e destemida, porque a maioría das persoas lle teñen medo aos libros e non queren achegarse demasiado ás Feiras, onde hai milleiros de libros ceibos.

E sabiamos que a presentación dun libro é unha cousa seria, polo que pactamos co autor de Made in Galiza, o libro apresentado, que se quería contar coa nosa presencia non nos podía limitar o número de gargalladas, bravos e aplausos no noso espectáculo. Aceptou.

Así que sabendo todo iso e algunha cousa máis,  o Galiza Pulgas Circus foi un bo primeiro prato no espectáculo da presentación do Made in Galiza, un libro que non podedes nin imaxinar.

Presentaron o libro, ademais do autor, o editor Carlos Lema, da editorial Galaxia, e mais o filósofo rock Carlos Santiago, ese fenómeno cultural da guerrilla comunicativa moderna.

Séchu Sende, o autor,  sorprendeu explicando o seu Método de hipnose para falar galego, e o Estudo Sociolingüístico da Mocidade baixo os efectos das drogas, e confesando que el comezou a falar galego na mocidade logo de facer ouigha co espírito de Castelao.

En fin, todo foi un pouco sobrenatural. Como nun soño. Ou algo así.

Chuzame! chuzame -

Mais unha vez no cole de Frián, Teis.

Xullo 1st, 2007

E para remate do curso escolar, a semana passada o Circo de Pulgas Carruselo actuou en Vigo para máis de trinta rapaces e rapazas do cole de Frián.

Um globo aerostático que ascendeu polos aires em direcçom a Paris levou a Mimi, Esmeralda e Breogán entre as nubes, para passarem uns dias de merecido descanso.

 Estamos aguardando as fotos do espectáculo... Que chegaram aginha!

Chuzame! chuzame -

O Circo de Pulgas Carruselo, Made in Galiza

Xuño 26th, 2007

made in gz O Circo de Pulgas Carruselo actuará na Feira do Libro da Vigo o vindeiro martes 3 de xullo, ás 20.00, con motivo da presentación do libro MADE IN GALIZA, do guionista do Circo de PUlgas Carruselo Séchu Sende.

Séchu Sende, coñecido amante das pulgas e autor do texto clásico no mundo da psicoentomoloxía "Como domar unha pulga", explica que este é un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza.

Ficades tod@s convidad@s!!!!

Chuzame! chuzame -

Deseño para camisola?

Xuño 18th, 2007

       LEMA

Chuzame! chuzame -

Historia…

Xuño 17th, 2007

folleto1 folleto2

folleto3

Chuzame! chuzame -

Lilith con chapeu!

Xuño 17th, 2007

pulgaconchapeu

Chuzame! chuzame -

Cartaces de circo polacos

Xuño 16th, 2007

Simplemente geniais.

Olha os cartaces  aquí

Chuzame! chuzame -

Praga de pulgas nun colexio de Rianxo

Xuño 9th, 2007

peluxe 

O Circo de Pulgas Carruselo quere solidarizarse cos nenos, nenas e profes do cole Brea Segade de Rianxo, vítimas dunha das peores calamidades que se poden padecer:  unha praga de pulgas.

A xente do Circo sabemos moi ben que nada se pode comparar cun andazo de pulgas. Os tigres, os leóns, os elefantes, as panteras ou os crocodrilos cos que os domadores de todo o mundo traballan a diario, arriscando a vida nas pistas dos circos, non son nada en comparación co perigo que supón o ataque das pulgas en estado salvaxe.

Por iso os domadores do Circo de Pulgas Carruselo comprendemos moi ben a denuncia e a chamada de auxilio lanzada por nais e profes do cole de Taragoña diante desta vergonzosa situación que, por suposto, ten responsabeis, -alén das pulgas, pobres animais que non teñen culpa de ser como son.

O Circo de Pulgas Carruselo  manifesta a súa denuncia solidaria cos nenos e nenas de Taragoña e reclama ás autoridades competentes e responsables políticos, -aos que sinalamos co noso látego- unha solución inmediata ao problema.

 Isto é unha vergoña! Pulgas nun colexio!

Así mesmo, tanto os domadores Claudio e Séchu Carruselo, como as pulgas do noso circo, Lilith, Esmeralda e Breogán, sentimos que unha vez máis a pulga apareza nos medios de comunicación só cando ten lugar unha desgraza deste tipo como un animal feroz e sedento de sangue. Por favor, a xente ten que ser sensible e saber que a realidade é máis complexa: NON TODAS AS PULGAS SON IGUAIS. 

No Circo de Pulgas Carruselo sabemos que as pulgas tamén poden ser animais sensibles e encantadores, e por iso o noso Circo quere lembrar o seu labor social como espectáculo que fomenta o amor polos animais.

Chuzame! chuzame -

Bis en Pontedeume

Xuño 6th, 2007

pin2O Tour das Semanas do Libro, -organizadas pola AS-PG-, chegou ao seu final. Foron cinco actuacións, -en Moaña, Porriño, Bertamiráns, Allariz e Pontedeume- que reuniron no Galiza Pulgas Circus máis de quiñentos nenos e nenas que abriron a boca para dicir Oooos, Aaaas! e Fiuuuuuus!.

Pontedeume encheu o Circo de Pulgas Carruselo de tal maneira que houbo que habilitar dúas funcións, superando todas as expectativas, e fechando esta primeira Xira de Primavera con bravos e urras que Lilith, Esmeralda e Breogán gardan para sempre no arquivo da súa memoria.

O Circo de Pulgas Carruselo continúa a viaxar polos carreiros, congostras, corredoiras, pistas, estradas, autovías, e autoestradas do noso país, así que...

...calquera día podemos chegar á porta da túa casa!

Chuzame! chuzame -

Galiza Pulgas Circus!

Xuño 4th, 2007

latego

coitelo

postergrande

Chuzame! chuzame -

Andrea Dezsö: Arte e insectos

Xuño 2nd, 2007

 

Insect-man, 2004/2005.

Andrea Dezsö naceu em Transilvánia, Romania. Artista, desenhadora, educadora, o Circo e os insectos som dous dos motivos fundamentais do seu surrealismo.

Olha o seu material gráfico e flipa. Clica-lhe aqui

E, por favor, nom deixedes de olhar os seus livros tridimensionais

Chuzame! chuzame -

Que carpa che gusta mais?

Xuño 2nd, 2007

Comparte  a tua opiniom com nós nos comentários...

carpa1cb

bd

Chuzame! chuzame -

Lilith vai durmir…

Xuño 1st, 2007

cama

Chuzame! chuzame -

Esmeralda na cama elástica!

Xuño 1st, 2007

camaelástica

Chuzame! chuzame -

Breogán: a pulga bala!

Xuño 1st, 2007

pulgabala

Obridag@s a http://fabuland.de/fleacircus/

Chuzame! chuzame -

Unha das nosas cancións preferidas!

Maio 28th, 2007

livro 

A pulga e o piollo

A pulga e o piollo queríanse casar,
tan ricos estaban que non tiñan pan.

E saiu a toupa da sua toupeira
Fágase a voda que eu serei panadeira.

Ahora, mi vida, panciño tenemos.
Fáltano-lo viño. ¿Dónde lo hallaremos?

Saiu o mosquito do seu mosquiteiro
Fágase a voda, que eu serei taberneiro.

Ahora, mi vida, viñiño xa temos,
fáltano-la carne. ¿Dónde la hallaremos?

E saiu o lobo detrás do outeiro
Fágase a voda, que eu serei carniceiro.

Ahora, mi vida, carniña xa temos
Fáltano-los manteles. ¿Dónde los hallaremos?

E saiu a araña da súa arañeira
Fágase a voda, que eu serei tecedeira.

Ahora, mi vida, manteles tenemos
Fáltano-lo padriño. ¿Dónde lo buscaremos?

E saiu o rato detrás do muiño
Se prenden ó gato eu serei padriño.

Ahora, mi vida, padriño tenemos
Fáltano-la madriña. ¿Dónde la hallaremos?

E saiu a rá da súa regueiriña
¡Fágase a voda, que eu serei madriña!

Ahora, mi vida, madriña xa temos
Fáltano-lo danzante. ¿Dónde lo hallaremos?

E saiu o sapo de moi arrogante
Fágase a voda, que eu serei danzante.

Ahora, mi vida, danzante tenemos
Fáltano-lo gaiteiro. ¿Dónde lo hallaremos?

E saiu o grilo do seu grileiro.
Fágase a voda, que eu serei gaiteiro.

Homes e mulleres, rapaces e todos,
vinde ve-la dote que me deu meu sogro.

Unha cabra vella e un cabrito coxo,
Unha manta vella cun remendo roxo.

No medio da voda houbo un barulliño,
desprendeuse o gato e comeu ó padriño.

Chuzame! chuzame -