Un poema de Lilith
Lilith, a pulga que chegou de Francia, aprendeu a tocar o piano, a andar sobre o arame e, finalmente, conseguiu ser a primeira pulga que sabe ler e debuxar nas letras, escribiu un poema para o seu público. Eilo!:
"Ola, chámome Lilith,
son pequena como un colibrí.
Son unha pulga pianista,
son a raíña da pista.
Sei as letras do A ao U
e podo pincharvos no cu.
Gústame escribir moito
e tamén ler o periódico.
Gústame ler en galego
contos de nenas e nenos,
historias de gatos e ratas,
duendes, indios e piratas.
Gústame tocar o piano
e que o público berre "Bravo!".
Este é o Circo das Pulgas,
se vos gusta berrade "Urra!".
Se o espectáculo sae mal
non nos tiredes tomates
que non somos elefantes
e podédesnos esmagar!
No Circo Máis Pequeno do Mundo
imos flipar todos xuntos!
Eu chámome Lilith,
se queredes... aplaudir!"
chúzame -