Grande éxito en Ames!
Máis dun cento de persoas ovacionaron as pulgas do Circo Carruselo, descubrindo cos ollos moi abertos un dos fenómenos artísticos máis incribles do mundo.
Mimí, Esmeralda e Breogán levantaron Hurras! e Bravos! a discreción entre un público que, nun local ambientado con arañas xigantes, esqueletos, monstros e milleiros de libros, se entregou ao espectáculo con asombro e emoción.
O Pazo da Peregrina acollía desta maneira multitudinaria o Circo de Pulgas Carruselo dentro das actividades da Semana do Libro Infantil, organizadas polo Concello de Ames e a AS-PG, adicada este ano ao tema do Medo, e viuse desbordado pola presenza dun público tan numeroso que nos fixo recordar aos Carruselo que o espectáculo do Circo de Pulgas é un espectáculo delicado e diminuto que require para o seu óptimo aproveitamento dun aforo limitado a 25 nenos e nenas como máximo.
Dadas as múltiples peticións queremos comunicarlles aos nenos e nenas do concello de Ames que o Circo de Pulgas Carruselo voltará con todos e todas vós no seu vindeiro tour artístico europeo.
Máis se clicas aquí información...
chúzame -
maio 12th, 2007 at 10:20 am
Estades convidadas a facer o test de Proust
http://www.blogoteca.com/nasa/index.php?cod=15185
Animádesvos entre actuación e actuación? :-)))