Test de proust
Grazas a http://www.blogoteca.com/nasa/ por convidar-nos a respostar o Test de Proust, cousa que a´Claudio e a Séchu Carruselo nos parece moi interessante para dar a conhecer as nossas ideias sobre o sentido da vida.
1. O principal trazo do meu carácter?
Séchu Carruselo: O surrealismo.
Claudio Carruselo: A observación.
2. A calidade que prefiro nun home?
S.C.: O surrealismo
C.C.: A mesma que nunha muller.
3. A calidade que desexo nunha muller?
S.C.: O surrealismo
C.C.: A bondade, a tranquilidade, e que lle gosten as pulgas.
4. O que máis aprezo nos meus amigos?
S.C.: O surrealismo.C.C.: O cariño.
5. O meu principal defecto?
S.C.: O surrealismo.
C.C.: Non devolver tanto amor como o que recibo de Ana, da miña filla, dos meus pais e dos meus irmáns.
6. A miña ocupación preferida?
S.C.: O surrealismo
C.C.: A observación do surrealismo do meu irmán e doutros surrealismos endóxenos.
7. O meu soño?
S.C.: Umha Galiza e um mundo livres, justos e governada por pallasos, domadores de pulgas, equilibristas e o resto da gente.
C.C.: Que a xente mirase a unha pulga como o que realmente é: unha auténtica artista chea de corazón que de cando en vez necesita pegarlle unha chantada a algún coitadiño.
8. Cal sería a miña maior desgraza?
S.C.: Que algumha pulga se puxesse enferma.
C.C.: Que ardese o noso Circo de Pulgas.
9. Que quixera ser?
S.C.: Pulga
C.C.: Pulga domadora de persoas.
10. Onde desexaría vivir?
S.C.: Em qualquer lugar do mundo onde haja pulgas.
C.C.: Dentro dun cogumelo.
11.A cor que prefiro?
S.C.: Agora mesmo o vermelho, dentro duns minutos nom sei…
C.C.: O vermello (50%), o negro (50%).
12.A flor que prefiro?
S.C.: A flor da marihuana.
C.C.: A rosa.
13.O paxaro que prefiro?
S.C.: Qualquer que seja hospitalario com as pulgas do Circo Carruselo
C.C.: Idem.
14.Os meus autores preferidos en prosa?
S.C.: Os irmáns Grimm, por Pulgarcinho. E Anónimo. De Anónimo molam-me muitas novelas.
C.C.: Séchu Sende. Marcel Proust, Blanco Amor.
15. Os meus poetas preferidos?
S.C.: Milike, Milikito, Fofó, Fofito e Ángel Cristo.
C.C.: Lorca, Séchu Sende.
16. Os meus heroes de ficción?
S.C.: A formiga atómica. Spiderman. E Breogán.
C.C.: O misterioso libertario apodado V, que oculto tras una máscara de Guy Fawkes, fai das súas no cómic “V de Vendetta”de Alan Moore.
17. As miñas heroínas de ficción?
S.C.: Pippi Lansgtrum.
C.C.: A pulga Mimi.1
8. Os meus compositores preferidos?
S.C.: John Ballan
C.C.: Mozart, Bethoven e a pulga Esmeralda.
19. Os meus pintores predilectos?
S.C.: Sen dúbida Salvador González Lapido.
C.C.: Lapido, Mark Ryden.
20. Os meus heroes da vida real?
S.C.: Rocio, que está estudando as opos sem descanso.
C.C.: non teño heroes favoritos.
21. As miñas heroínas históricas?
S.C.: Mamá
C.C.: A nai de Séchu Carruselo, por suposto.
22. Os meus nomes favoritos?
S.C.: Maruxa, Candela, Mimí, Esmeralda.
C.C.: Candela, Iria-Flavia.
23. Que detesto máis que nada?
S.C.: A caca de elefante, umha pulga com malas pulgas e os imperialistas espanhois.
C.C.: Os insecticidas.
24. Que caracteres históricos desprezo máis?
S.C.: O bigote dos ditadores e dos caciques.
C.C.: Os ditadores que están detrás deses bigotes.
25. Que feito militar admiro máis?
S.C.: A revolta dos animais, na que as pulgas tiverom un papel aínda nom reconhecido pola História
C.C.: O intento de ocupación feito por algunhas pulgas do Caurel dun piso de Fontiñas (Compostela) -hai uns anos- reprimidas dunha forma brutal .
26. Que reforma admiro máis?
S.C.: A reforma laboral que conseguiu o mesmo convénio colectivo para pulgas e domadores de Circo.
C.C.: Creo que a resposta anterior é un erro. (Entre domador e pulga: un látigo)
27. Que dons naturais quixeras ter?
S.C.: Cuspir moi lonxe, a máis de vinte metros. E outro don…, umm, que algúen me chamase Don, Don Séchu, algunha vez na vida.
C.C.: Saltar como unha pulga.
28. Como me gustaría morrer?
S.C.: Vivo.C.C.: Rápido.
29. Estado presente do meu espírito?
S.C.: A fronte ergueita, o paso ventureiro.
C.C.: Etéreo.
30. Feitos que me inspiran máis indulxencia?
S.C.: O erro dumha pulga num dos números do Circo.
C.C.: Cando a pulga Mimí fracasa no seu intento de andar por enriba dunha rampa subida nunha pelota de tenis de mesa blanca.
31. O meu lema?
S.C.: Eu nunca serei yo
C.C.: “Unha pulga non pode para un tren, pero pode encher de ronchas ao maquinista”.
Queremos convidar a respostar o Test de Proust a www.anxoscaidos.blogspot.com e mais a http://www.avantehermetico.blogspot.com/, blogues que admiramos pola sua particular e única visom da vida e, sobre todo, porque som colegas ou família do Circo de Pulgas Carruselo
chúzame -