O Circo de Pulgas Carruselo, Made in Galiza
O Circo de Pulgas Carruselo actuará na Feira do Libro da Vigo o vindeiro martes 3 de xullo, ás 20.00, con motivo da presentación do libro MADE IN GALIZA, do guionista do Circo de PUlgas Carruselo Séchu Sende.
Séchu Sende, coñecido amante das pulgas e autor do texto clásico no mundo da psicoentomoloxía "Como domar unha pulga", explica que este é un libro que procura a fórmula da liberdade na punta da lingua. Un libro de historias orixinais como cada unha das persoas e dos pobos que coñecemos ou soñamos: únicos. Un libro que conta contigo para ler o mundo con palabras que tamén son túas. Un libro difícil de soñar, como a vida mesma. Contraditorio, inocente, emocionante, creativo, rebelde: un libro Made in Galiza.
Ficades tod@s convidad@s!!!!
chuzame -
Xuño 27th, 2007 at 9:38 pm
Fantástico!!! vereivos alí.

Sorte a todas e a ti tamén Séchu.
Xullo 4th, 2007 at 8:04 am
XENIAL!!
Xullo 19th, 2007 at 5:52 pm
Xa sei, xa sei… xa sei que este blog é o patrocinio desta última obra “Made in Galiza” pero non podo deixar de contar que onte estiven relendo aquel lonxano “Odiseas”. Non recordaba o poema “Auga Sexual”. Non sei como fun capaz de olvidalo. Tal vez noutra época non o entendín, non lle dei maior importancia ou agora estou máis receptiva. Hoxe só podo dicir: “¡miña madriña!”