SALA NASA
martes, setembro 18th, 2007O vindeiro sábado día 22 de setembro, as 5:00 PM, na SALA NASA, de Compostela (rúa San Lourenzo, 51-53 B), as nosas tres pulgas do Circo dos e das Carruselo, porán de novo ao límite as súas posibilidades físicas e psíquicas, e non co ánimo de embarcarse nalgunha misión espacial, senon para mostrar as nenas e nenos as súas espectaculares habilidades.
Esmeralda, Breogán e Mimí, celebrarán, cunha morea de artistas, os quince anos de vida da SALA NASA, vital proxecto de participación social que desde o 1992 é unha porta aberta a creación, ao encontro de artistas e espectadores, un modelo alternativo de xestión cultural, liderado por artistas, sen ánimo de lucro, un centro de recursos artísticos independiente, flexible e accesible a artistas novos e consagrados.
SESIÓN DE TARDE PARA TODOS OS PÚBLICOS con: Paula Carballeira, O Circo de Pulgas Carruselo, Berrobambán, Sol Felloza, Manu Lago, Kukas, Santi Prego.
chúzame - 
