Características técnicas e artísticas
Dirección: Familia Carruselo
Actor: Claudio González (Claudio Carruselo), como Domador- Psicoentomólogo.
Artesán e técnico: Claudio González (Claudio Carruselo),
Manipulador: Séchu Sende
Guión: Séchu Sende.
Espazo escénico:
O Circo de Pulgas ten unhas medidas de 70 cm de ancho por 1.50 de longo e 70 cm de altura.
O Circo debe montarse nun local con pouca luz ou con posibilidade de escurecer.
Tempo de montaxe: 40 minutos.
Tempo de desmontaxe: 20 minutos.
É necesaria unha toma de electricidade.
Capacidade:
Máximo: 25 espectador@s por cada sesión.
Os nenos e nenas deben estar sentad@s en cadeiras ou de pé.
Idade recomendada:
A idade óptima para o disfrute do espectáculo é a de 3 a 9 anos.
Os espectadores que sobrepasen ese límite, pasarán un momento de fantasía se cumpren as seguintes condicións: Que aporten unha culleriña de complicidade co espectáculo que deberá de tomarse mediante tres grolos: un antes, outro durante, e o último despois, da actuación dos insectos. Que teñan a facultade de retrotraerse, durante 40-45 minutos, á infancia.
Duración do espectáculo:
45 minutos cada sesión. 10 minutos de descanso entre sesión e sesión.
Argumento:
O Circo das Pulgas d@s Carruselo –Galiza Pulgas Circus- presenta números circenses orixinais e únicos no mundo das pulgas: Esmeralda, coidadosa pianista e incrible equilibrista, sabe ler!; Breogán, dono das alturas, amante do risco, pulga bala, salta á piscina nun triple mortal; e Mimi, a pulga que interactúa cos nenos, e capaz de xogar ao futbol –cunha pelota do seu tamaño-, e fai equilibrios enriba dunha pelota de tenis de mesa.
As pulgas do espectáculo foron domadas durante un longo período de tempo seguindo a tradición galega dos máis prestixiosos domadores de pulgas polo propio Claudio Carruselo, na que non se emprega ningún tipo de maltrato aos animais.
EXTRAS:
Para as presentacións en centros educativos o Galiza Pulgas Circus dispón dunha UNIDADE DIDÁCTICA para traballar cos nenos e nenas antes e despois do espectáculo.
CONTACTO:
carruselo@hotmail.com
chúzame -