Presentación

O “Circo de Pulgas d@s Carruselo” preséntase como unha actividade única no noso sistema sociocultural.

Adaptamos a tradición universal dos Circos de Pulgas á nosa realidade e ao noso tempo e seguimos dous principios fundamentais. Por un lado experimentamos no desenvolvemento da creatividade, da fantasía e da diversión dirixida á infancia. Por outro, preocupámonos por aportar valores educativos porque consideramos que os nenos e nenas tamén deben aprender disfrutando.

O espectáculo crea unha atmosfera de maxia circense única coa presentación dunha das marabillas do mundo: o Galiza Pulgas Circus coas súas pulgas Mimí, Esmeralda e Breogán, raíñas da pista do menor espectáculo do mundo.

A ilusión e a fantasía conseguen botar abaixo as fronteiras entre a realidade e a fición. A verosimilitude da narración converte o marabilloso e o nunca visto en realidade e o ilusionismo ábrenos as portas a unha verdade máxica.

Por outro lado, o espectáculo preséntase cunha vontade lúdica e educativa. E os contidos sobre os que o Galiza Pulgas Circus quere traballar de esguello, baixo a filosofía do aprender gozando, son o d@ nen@ como espectador, bichos e bichiños, un pouco de animación á leitura e outro pouco de sensibilización paraa normalización da lingua

Era o que faltava: Galiza Pulgas Circus, un espectáculo asombroso!